Axudas Públicas contra a violencia machista

Convocatorias

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Bases para a concesión das axudas periódicas de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero

15 de abril de 2016 Axudas dirixidas ás mulleres que sofren violencia de xénero e que se atopan nunha situación de dependencia económica do agresor que as obriga á convivencia e lles impide afrontar o seu futuro con independencia dos seus agresores, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016.

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Axudas e indemnizacións para mulleres vítimas de violencia de xénero.

15 de abril de 2016 O obxecto desta resolución é establecer as bases que rexerán a concesión das axudas previstas no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, e no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. Así mesmo, por medio desta resolución convócanse as ditas axudas para o ano 2016.

|||||||||||